BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

xoves, 26 de maio de 2016

MANUEL MARÍA

Os nenos e nenas de Infantil  fixeron un traballo fantástico sobre unha poesía de 
Manuel María
"A PITA CHOCA"
Parabéns 





LETRAS GALEGAS 2016

LETRAS GALEGAS 2016 on PhotoPeach

xoves, 31 de marzo de 2016

DÍA DA ÁRBORE

Para a celebración do día da árbore o alumnado de Educación Infantil asistiu ao Conservatorio de Música a unha representación teatral titulada " O poder das árbores", organizada polo Concello. O alumnado de primaria plantou castiñeiros facilitados polo Concello. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º fixeron os carteis identificativos en madeira. Recitamos a poesía "Castiñeiro" de Manuel María.