21 de marzo:
Día Mundial da Poesía
O 21 de marzo é unha data que concita moitas
vontades e dá pé a moitas conmemoracións (os
bosques, a poesía, a cor, a non discriminación racial...), non deixa de ser a Primavera que o renova todo... Nós
decantámonos pola poesía, pois foi a UNESCO quen declarou este 21 de marzo,
Día Mundial da
Poesía en 1999. O vídeo que serve para iniciar esta entrada, é unha versión
ben fermosa dun dos poemas fulcrais da poesía galega, "Eno sagrado en
vigo", unha das Cantigas de Amigo de Martín Codax, que paga a pena
compartir... o galego non ten fronteiras, ben se ve...
Podedes atopar poesía musicada en galego se premedes no
seguinte enlace. Atrevédevos a descubrila!! :
Ningún comentario:
Publicar un comentario