BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

martes, 14 de maio de 2013

FIN DE FESTA LETRAS GALEGAS


   

Xa temos o Fin de festa para xincana e a celebración do Día das  Letras Galegas, e ao igual que na banda deseñada xaponesa, iremos cara atrás: comezamos polo final. Deste xeito veredes e escoitaredes  a continuación a peza coa que remataremos a festa:
“MEU MUNDO É !”, de Paco Nogueira. Prestade atención á letra!!
En breve teredes a información completa da festa. Non vos despreocupedes e estade moi atentos e atentas!.









Que bonito poder dicir:
que fermoso sae o sol
esta mañán para ti.
Que bonito poder sentir
a ledicia,
a  morriña,
escachar a rir!!.
Que bonito poder falar
con agarimo a un amigo,
dar un bico á túa nai.
Que festeeiro aturuxar,
cando danzas na punteira
e un gaiteiro está a tocar.
En Galego falo
en Galego sinto
en Galego canto
sabes que non minto!
En Galego  todo podo facer,
en Galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!
En Galego leo
en Galego escribo
en Galego bailo
sabes que non minto!
En Galego  todo podo facer,
en Galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!
Que fachenda poder viaxar
en carrilana, e despois
unha feira visitar.
Que bonito o respirar
o recendo dunha xesta,
escoitar o mar!.
Que sorte poder contar
teño dedas,
teño unllas,
teño dúas mans!
Que bonito poder xogar,
Ver voar un papaventos,
Escorrego nun bambán.
En Galego falo
en Galego sinto
en Galego canto
sabes que non minto!
En Galego  todo podo facer,
en Galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!
En Galego leo
en Galego escribo
en Galego bailo
sabes que non minto!
En Galego  todo podo facer,
en Galego estou no mundo,
MEU O MUNDO É!

Ningún comentario:

Publicar un comentario