BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

mércores, 19 de xuño de 2013

ENCONTRO CON AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ


Hoxe foi un día diferente e especial para o alumnado do  3º ciclo. Tivemos un encontro virtual co   escritor  Agustín Fernández Paz. 
Agustín comunicouse con nós a través dunha videoconferencia. Nela contounos historias e respostou ás preguntas que lle fixemos sobre os seus libros, o seu traballo, a nova novela que ten entre mans etc
Puidemos averiguar algo sobre esa nova novela, pero gardarémoslle o secreto, agora xa somos amigos!.
Aprendemos moito e foi toda unha experiencia!!

Grazas Agustín e agardamos que nos vexamos pronto. GRAZAS!!!

1 comentario:

  1. Xenial!!!
    Paréceme fantástico este formato (aínda que eu prefira o "cara a cara"). Está xenial tamén para reflexionar o lonxe, e ao mesmo tempo o cerca, que podemos estar uns dos outros...
    ...E sobre todo para achegar as novas tecnoloxías a esta xeración que xa "nace cunha web cam debaixo do brazo"

    ResponderEliminar