O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día.
Este mércores, 19 de febreiro tivemos ocasión de recibir no salón de actos do Concello ao autor deste libriño de contos "O raposo e a mestra": Manuel Rivas, quen nos fixo disfrutar, acompañado dun músico desta obra recitada e musicada...Xenial!!
Pasámolo estupendo como podedes comprobar nestas instantáneas:
| Cos carteis feitos polos nen@s de 3º |
| Agardando ao comezo da función... |
| Os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º..a piques do comezo |
| A función comezou... |
| Algúns seguíano co seu libriño |
| As palabras acompañadas de sons... |
| O acordeón, unhas botas trotadoras... |
| Foi unha festa... |
| E ao remate asinounos a todos e todas |
| Unha barquiña... |
| Que interesante... |
| Fixémoslle preguntas... |
| Encantados de levar unha lembranza |
| Graciñas por todo...Ata a proxima! |

Ningún comentario:
Publicar un comentario