Queremos poñer en coñecemento das familias o motivo polo polo cal se deixaron de publicar imaxes dos alumnos e alumnas:
A finais do ano pasado chegou a dirección a consulta dunha familia sobre o uso de vídeos en plataformas públicas tipo youtube, vimeo , etc polo que á espera de contestación deixouse de publicar vídeos cos nosos alumnos neste e outros blogues do cole.
Co comezo do curso recibimos contestación por parte de Inspección recomendando a non publicación de imaxes ou vídeos con menores de 14 anos aínda tendo o consentimento por escrito das familias.
Sentimos non poder seguir na mesma liña de traballo que estabamos a realizar pois consideramos que sería moito máis enriquecedora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario