BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

xoves, 21 de febreiro de 2013

150 anos de CANTARES GALLEGOS

Para Galicia Rosalía de Castro é algo máis ca unha escritora. Xeración tras xeración, a súa figura é un referente que está por riba de ideas e xeografías. Para os galegos e galegas ningunha outra figura literaria ou cultural ou política ou o que for os une tanto arredor do sentimento de pertenza a unha terra. Ela xerou innumerables páxinas, imaxes, cancións… Sen dúbida, una das máis representativas visións da nosa autora foi a dada por Curros en célebre poema: “Do mar pola orela / mireina pasar / na frente unha estrela / no bico un cantar”.


A vida de Rosalía é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual. O seu relato é enteder desde a perpectiva dunha rapariga filla de nai solteira e fidalga as claves sociais do seu tempo; é asistir en primeira fila como moza, en Santiago, e en Madrid, a un proceso de formación rico e complexo; é seguirlle os pasos, en Vigo, na Coruña, en Lestrobe… á súa densa creación literaria e mais ao proxecto que acabou orixinando a Galicia dos nosos días.
Hoxe as investigacións  sobre a súa figura supuxeron claros avances no debuxo dos seus principais perfís. Aínda así, continúa a ser un reto estudala e explicala na súa totalidade e na súa complexidade.


O domingo 24 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA. Este 2013 celébrase, ademáis, o  150 aniversario da edición de " Cantares Gallegos". Para tal aniversario preparamos no centro diversas actividades que terán lugar o luns 25. Xa vos daremos conta delas. Para ir iniciándonos no tema deixámosvos varios dos poemas musicados por diversos artistas. Agardamos que vos gusten e descubrades diferentes puntos de vista da obra Rosaliana:

  

     

1 comentario:

  1. Diferentes artistas e estilos músicais pero sempre defendendo a nosa poesía, a nosa música, o noso idioma.
    Felicítovos por facer chegarlle ao alumnado unha visión diferente de algo que case sempre leva o adxectivo de "que rollo". Que hoxe os meus fillos falasen de Rosalía sen eu comentarlles nada, significa que sí que val a pena adicar estos "esforzos extras" para achegar a nosa cultura aos nosos nenos e nenas .Grazas.

    ResponderEliminar