BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

luns, 25 de febreiro de 2013

FINA CASALDERREY NA RAG

Dende o CEIP Isaac Dïaz Pardo, e máis concretamente dende o ENDL, queremos dar a nosa máis sinceira noraboa a  Fina Casalderrey, que vén de ser nomeada, en xaneiro de 2013, académica pola Real                  Academia Galega.

A escritora Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra,1951), mestra dende os dezanove anos é autora de máis de medio cento de obras traducidas –entre outras linguas- ao portugués, ao castelán, ao catalán, ao eúscaro ou ao bretón, polas que foi galardoada con numerosos premios entre os que se contan o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos de Lúa, e o Premio Edebé de Literatura Infantil e Xuvenil por O estanque dos parrulos pobres.
Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfica. Dirixindo ós seus alumnos e alumnas participou en concursos promovidos pola Xunta de Galicia, o Museo de Pontevedra…(traballos galardonados con diferentes premios). Nesta liña ten feito publicacións con Mariano García.
Muller comprometida coa cultura galega, participa en diversoso eventos literarios e colabora en prensa e revistas especializadas. Nomeada académica da RAG en xaneiro de 2013. Ademáis do recoñecemento para a súa obra, co seu nomeamento, a Real Academia Galega recoñece a importancia da produción destinada aos máis novos no desenvolvemento e normalización da nosa literatura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario