BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

venres, 8 de marzo de 2013

8 DE MARZO. DÍA DA MULLER


O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é unha xornada que se celebra en todo o mundo. Esa data conmemórase tamén nas Nacións Unidas e é festa nacional en moitos países. Cando as mulleres de todos oscontinentes, a miúdo separadas por fronteiras nacionais e diferenzas étnicas, lingüísticas, culturais, económicas e políticas, se unen para celebrar o seu Día, poden contemplar unha tradición de non menos de 90 anos de loita a prol da igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento.
O Día Internacional da Muller refírese ás mulleres correntes como artífices da historia e afunde as súas raíces na loita secular da muller por participar na sociedade en pé de igualdade co home. Na antiga Grecia, Lisístrata empezou unha folga sexual contra os homes para poñer fin á guerra; na Revolución Francesa, as parisienses que pedían liberdade, igualdade e fraternidade marcharon cara a Versalles para esixir o sufraxio feminino.
A idea dun Día Internacional da Muller xurdiu ao final do século XIX, que foi, no mundo industrializado, un período de expansión e turbulencia, crecemento fulgurante da poboación e ideoloxías radicais.
Para conmemoralo invitámosvos a ver estes videos:



Día Internacional da Muller, Día da Muller ou Día da Muller Traballadora recorda hoxe, como cada 8 de marzo desde hai máis dun século, a constante loita das mulleres pola súa participación na sociedade e o seu desenvolvemento íntegro como persoas. A celebración vai estreitamente ligada ao concepto de «traballadora» da muller, no que se asenta a reivindicación da memoria das mártires e heroínas da clase obreira, responsables de forxar os dereitos e condicións onde se desenvolve a muller actual. Con todo, aínda a día de hoxe, o Día Internacional da Muller vese embazado por datos sobrecolledores que evidencian que, ademais do camiño aberto ata agor, queda aínda moito por andar. Ata o 50 % das agresións sexuais cométense contra nenas menores de 16 anos. 603 millóns de mulleres viven en países onde a violencia doméstica non se considera un delito. Ata o 70 % das mulleres aseguran ter sufrido unha experiencia física ou sexual violenta nalgún momento da súa vida. Máis de 60 millóns de nenas son noivas e casan antes dos 18 anos. Por realidades como estas e baixo o lema «Unha promesa é unha promesa: É hora de actuar para acabar coa violencia contra a muller», o Día Internacional da Muller envórcase este venres na loita contra o sufrimento do xénero feminino. Así o estableceu a ONU no seu afán por reforzar o compromiso da comunidade internacional cara a situacións que, lamentablemente, repítense no ano 2013 en todos os recunchos do mundo e que afectan a sete de cada dez mulleres. «Non hai lugar no século XXI para a discriminación e a violencia contra mulleres e nenas». Así o asegurou a Directora Executiva de ONU  Michelle Bachelet no seu discurso en ocasión do Día Internacional da Muller que este 8 de marzo celébrase en todo o mundo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario