BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

mércores, 6 de marzo de 2013

DÍA DE ROSALÍA


O  pasado 24 de febreiro celebrouse, como vén pasando nos últimos tempos,   o Día de Rosalía.   Neste ano cúmprese o 150 aniversario da publicación de “Cantares Gallegos”  
(concretamente o 17 de maio, Día das Letras Galegas) polo que o celebramos dun xeito especial. No noso centro, ademais das actividades de aula, programamos unha actividade xeral que consistiu na “lectura continuada” de poemas de  “Cantares Gallegos”,  visionado  dun pequenido-resume da vida de Rosalía:




A continuación desfrutamos de distintos poemas musicados e  da representación, ( recitado, cantado, rapeado, lido…) dos poemas máis representativos, por parte do alumnado. 
Tamén houbo quen escolleu un poema de Manuel María .
O programa foi o seguinte:
Xuntámosvos unha  pequena mostra da celebración:
Tamén vos deixamos o díptico, que levástedes para ler nas casas coas vosas familias,  corrixido, xa que levaba un pequeno erro. Quen o atopou?. Se o localizástedes facédenolo saber a través dos comentarios que podedes engadir ao final desta entrada.


Os alumnos de infantil fixeron este traballo para  achegarse á escritora:

1 comentario: