BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

domingo, 21 de abril de 2013

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO









O vindeiro 23 de abril, Día do Libro, realizaremos,  dende as 11:40h ata as 12:30h, un intercambio de libros entre o alumnado e profesorado. É o noso xeito de darlles valor aos libros, un valor permanente e transferible, utlizable por cantos queiran.
O obxectivo, ademáis do propio cambio dos libros é o que isto implica:   un mundo de valores nun feito tan aparentemente sinxelo como intercambiar.


  Un 15 de novembro do ano 1995 na Conferencia Xeral da UNESCO aprobouse en París, que a partir do seguinte ano todos os 23 de abril  íase celebrar  o Día Internacional do Libro.A proposta fora presentada á Unesco pola Unión Internacional de Editores co obxectivo de fomentar a cultura e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor.
A razón de elixir esta data como día do libro e do dereito de autor, procede da coincidencia do finamento dos escritores Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega o 23 de abril de 1616.



Ningún comentario:

Publicar un comentario