BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

domingo, 21 de abril de 2013

BRIGADA ANTILIXO


A entrada de hoxe  sirva para felicitar e animar a seguir coa tarefa da BRIGADA ANTILIXO. Por se alguén aínda non a coñece aclaramos en que consiste:



ACTIVIDADE: Coidado  das  instalación s e patios  do centro.
OBXECTIVO:  Manter  todas  as instalación s  do  colexio  limpas.
PARTICIPANTES :   Comunidade  educativa.
RESPONSABLES : Brigadas Antilixo
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:  A actividade comezou cunha xornada de limpeza xeral dos patios, levada a cabo polo alumnado  .
·        Para a limpeza inicial mercáronse luvas de látex e bolsas de lixo.
Unha  vez feita a xornada inicial entraron en xogo as brigadas antilixo.
Cada BRIGADA ANTLIXO está formada por dous alumnos/as de cada aula de Primaria, sumando 24alumnos por cuadrilla  e un total de 12 brigadas, de xeito que cada cuadrilla terá vixiancia dúas semanas no curso.
Os  e as brigadistas da semana serán recoñecidos polo uniforme que os acredita como tales e estarán encargados de vixiar que ninguén tire nada ao chan, e de ser así amonestarán ao “infractor” cunha  tarxeta amarela. Se reincide amonestaráselle cunha tarxeta vermella e inmediatamente será notificado ao mestre/a de garda  que será responsable de impoñer o Castigo
.*O equipo de reforzó levará consigo o“Caderniño de incidencias”,
que depositarán ao final da súa quenda na Dirección do centro, quen se encargará de facerllo chegar á próxima brigada.
*O primeiro día de “actuación da brigada”, os membros da mesma acudirán, cando toque o timbre do recreo, á dirección que se encargará de encamiñar o grupo nos seus primeiros pasos.
*Cada Brigada terá un responsable  que será o responsable de custodiar o  “Caderniño de incidencias” e facer as anotacións  oportunas.












CEIP ISAAC's Slidely by CEIP ISAAC on Slide.ly - SlideShow Maker

Ningún comentario:

Publicar un comentario