BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

venres, 5 de abril de 2013

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE



O domingo 7 de abril é o Día mundial da Saúde, un momento ideal para traballar os hábitos saudables co alumnado.

Antigamente, a saúde entendíase únicamente como a ausencia de enfermidade, pero hai aproximadamente 50 anos a Organización Mundial da Saúde definiuna como “un estado de benestar físico, psíquico e social”. Isto quere dicir que actualmente ter unha vida saudable implica moito mais que non ter ningunha enfermidade.

City saúde: un xogo de aventura gráfica sobre hábitos de vida saudables que transcurre por diferentes escenarios dunha cidade do futuro.

Unidade didáctica con actividades que permiten ao alumno interactuar ca roda e a pirámide dos alimentos. Inclue un programa para que o alumnado confeccione un menú equilibrado.

Vídeo para traballar os hábitos de hixiene dende pequenos.

100 dinámicas para traballar a Educación emocional.
Guía onde poderás aprender moito sobre qué é e como se traballa a Educación emocional.

Guía Monstruosa da Saúde, unha guía imprescindible para os máis pequenos que queiran estar monstruosamente sans.
Guía de Promoción e educación para a saude dedicada aos adolescentes e mozos/as. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario