BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

martes, 2 de abril de 2013

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO


Un de cada 150 nenos e nenas nados en Galicia teñen un trastorno do espectro autista. Sería ideal que non tivésemos que facer nada para concienciar do autismo, pero de momento é moi necesario facer este tipo de accións.
O trastorno do espectro autista identifícase polas alteracións en tres áreas:

-Alteracións na comunicación

-Alteracións nas relacións sociais

- Alteracións nas conductas


Algúns dos indicadores en idades tempranas poden ser: esterotipias (aleteos e/ou balanceos), dificultades para comprender a linguaxe oral (incluso algunhas veces parecen xordos), hipersensibilidade en algún ou varios sentidos, rir ou chorar sen motivo aparente, inflexibilidade do pensamento, rutinarios en exceso...Moitos poden ser os indicadores por iso debemos estar atentos,sobre todo nos momentos de xogo e interacción cos iguais.

Para dar visibilidade ao autismo, fixemos, no día de hoxe, algo tan sinxelo como por uns globos azuis …




1 comentario:

  1. Graciñas por "remexernos as conciencias" facendo este tipo de reflexións, tanto co autismo como a síndrome de down ou calquera outra.
    Desexo coma vós que non teñamos que ter datas para concienciarnos ante estas situacións pero por desgraza... falta tanto para ese día...

    ResponderEliminar