BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

domingo, 28 de abril de 2013

Finalistas IV Certame Deseña unha xoia para a túa nai


Chega o día da NAI, e un ano máis o Colexio Oficial de Xoiería de Galicia vén de convocar o concurso “ Deseña unha xoia para túa nai”. O xurado escolleu o martes 9 de abril, os 80 debuxos finalistas do certame. Tivo que facer unha selección entre os 7.890 debuxos recibidos de toda Galicia para o concurso. Sabemos que traballaron varias horas e que a selección non lles resultou nada doada, porque os nenos e as nenas mandan propostas cada vez máis orixinais. Nesta convocatoria seleccionaron cinco finalistas do noso centro. Noraboa !!!. Noraboa tamén, aos non seleccionados, que é ben sabido:  O IMPORTANTE É PARTICIPAR!.! 
Tedes aí os finalistas:






A entrega de premios terá lugar en Santiago de Compostel, e o xurado esTá composto por:
Isabel Carlín (Xoieira de “Atempo Alfonso” - Santiago de C.)
Pepe Carreiro (Debuxante e deseñador de banda deseñada)
Ramón Conde (Escultor)
Elena Fabeiro (Centro Galego de Artesanía e do Deseño)
Juan Jesús Fernández (Prateiro - deseñador de "Silvereira")
Luis González (Prateiro e vicepresidente do Colexio  de Xoiaría de Galicia)
José Carlos Pereira (Escuela Técnica de Joyería del Atlántico)
María Eugenia Pérez (Subdirectora Xeral de FP-Cons. Educación–DX de Educación, FP e Innovación Educativa)
Raul Pesqueira (Xoieiro de “Joyería Rosant” - Marín)
Sergio Pesqueira (Xoierio de “Joyería Rosant” - Marín)
Santiago Riande (Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo)
Cristina Rodríguez (Xoieira - deseñadora de "Piropo Joyas")
María Xosé Rodríguez (Somos Quen", da Radio Galega)
Oscar Rodríguez (Xoieiro de “Óscar Rodríguez Joyeros” e presidente do Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia)


Ningún comentario:

Publicar un comentario