" SEN PROFES NON HAI ESCOLA ! "
CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
No mundo faltan 1, 7 millóns de docentes para que a educación
para todos e todas sexa unha realidade en 2015. En total, uns 114 países teñen
déficit de mestres e mestras de primaria, e só en África se necesita un millón.
Sete países africanos teñen un só docente por cada máis de cen mozos en idade
de cursar a secundaria.
Este ano baixo o lema " Sen profes non hai escola !
" a Campaña Mundial pola Educación reivindica a importancia da profesión
docente no proceso educativo.
A Campaña Mundial pola
Educación (CME) que dende hai anos vén reivindicando o dereito á educación en todo o
mundo, organiza cada ano a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) na que os membros da campaña traballan conxuntamente para chamar a
atención das e os representantes políticos, membros da comunidade educativa,
medios de comunicación e sociedade en xeral sobre a necesidade de facer real e
efectivo o dereito a unha educación básica de calidade.
Este ano 2013, baixo o lema " Sen profes non hai escola!
Por un profesorado formado e motivado" preténdese recordar aos e as
gobernantes a importancia de contar co suficiente número de docentes no mundo
con axeitada formación, motivación, remuneración e recoñecemento, e para
esixirlles que destinen os recursos necesarios para que a Educación para todos sexa unha
realidade en 2015. O persoal docente é un elemento fundamental sen o que non
pode exercerse o dereito á educación.
UN MAPAMUNDI QUE REFLICTE A FALTA DE DOCENTES NO MUNDO
Para chamar a atención sobre esta situación, a Campaña
Mundial pola Educación propóñennos participar nunha acción on-line chamada
"Pon o teu profe no mapa".
A UNESCO calcula que se necesitan 1.7 millóns
adicionais de docentes para conseguir que a Educación Primaria Universal sexa
unha realidade no ano 2015. En total, uns 114 países teñen déficit de mestres e
mestras de primaria, e só en África se necesita un millón.
A través de http://www.cme-espana.org/sitios/pontuprofe/ accederás a un mapamundi que reflicte onde deberían estar eses 1,7
millóns de docentes que faltan no mundo para que a educación para todos sexa
unha realidade.
" SEN PROFES NON HAI ESCOLA ! " CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN
Clica na seguinte imaxe e accederás á web da CEM onde atoparás
máis información:
Ningún comentario:
Publicar un comentario