BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

Amosando publicacións coa etiqueta Encontros con escritores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encontros con escritores. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de abril de 2015

VISITA DOS AUTORES DA FRAGA MILMAÑAS en abril

O mércores 29 de abril @s nen@s de 4º de E.P. tivemos o placer de disfrutar coa visita dos creadores de "A fraga Milmañas":  Carlos Amil  e  Manel Cráneo.

Eles quedaron moi satisfeitos ao comprobar como coñeciamos as historietas e as vicisitudes dos personaxes  da "Fraga"e aprendéronos a coñecer o proceso de creación dun personaxe de historieta. 


"A fraga Milmañas"de Carlos Amil e Manel Cráneo on PhotoPeach

xoves, 20 de febreiro de 2014

Encontro con Manuel O¨Rivas: un espectáculo divertido e participativo



O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día.

Este mércores, 19 de febreiro tivemos ocasión de recibir no salón de actos do Concello ao autor deste libriño de contos "O raposo e a mestra": Manuel Rivas, quen nos fixo disfrutar, acompañado dun músico desta obra recitada e musicada...Xenial!!
Pasámolo estupendo como podedes comprobar nestas instantáneas:
Cos carteis feitos polos nen@s de 3º



Agardando ao comezo da función...

Os nenos e nenas de 2º, 3º e 4º..a piques do comezo

A función comezou...


Algúns seguíano co seu libriño
As palabras acompañadas de sons...

O acordeón, unhas botas trotadoras...

Foi unha festa...

E ao remate asinounos a todos e todas

Unha barquiña...

Que interesante...


Fixémoslle preguntas...
Encantados de levar unha lembranza 
Graciñas por todo...Ata a proxima!