BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras galegas.. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de maio de 2014

DIA DAS LETRAS GALEGAS: XINCANA NO ISAAC DÍAZ PARDO

Como remate desta Semana das Letras unha vez máis participamos no xogo de pistas: "Xincana Xosé Mª  Díaz Castro 2014 ". 


Cada grupo  de rapaces e rapazas co nome do escritor/a homenaxeado nun 17 de maio: desde Vicente Risco no 1981 ata Vidal Bolaño no 2013 percorreu o colexio na procura das pistas para superar as probas culturais e deportivas




Como podemos ver nas imaxes acadamos o obxectivo:

Pasalo ben, desfrutar e aprender a traballar en equipo con nenos e nenas de diferentes idades.   
    

mércores, 14 de maio de 2014

Semana das letras galegas

A celebración das Letras Galegas comezámola disfrutando do visionado de distintos títulos de pelis na nosa lingua





Tamén fixemos outras actividades sobre o autor homenaxeado:




Xosé Mª Díaz Castro on PhotoPeach


Os nenos e nenas de tres anos fixeron este" fermoso mural celestial" coas verbas de Xosé Mª Díaz Castro



 

xoves, 8 de maio de 2014

venres, 2 de maio de 2014

" Esa lus", unha canción para Díaz Castro

Unha canción coa participación do alumnado do " IES Díaz Castro", de Guitiriz, lugar onde como sabedes naceu o poeta

venres, 11 de abril de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Se premedes na imaxe do poeta de Guitiriz atoparedes recursos didácticos para traballar nos distintos Ciclos educativos