O
APALPADOR
O
Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e
apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos
xoguetes, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España (Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galicia estaba practicamente esquecido.
O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel.

No oriente ourensán existen referencias a este
personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con
atribucións menos simpáticas como son as de espantar aos nenos.
··· O
Apalpador na rede:
·
apalpador.com , onde podedes atopar imprimíveis para colorear, modelos para
que os nenos lle escriban a carta ao Apalpador, tarxetas para pór nos
agasallos, etc.
·
apalpador.net , onde podedes atopar a maneira de mercar O conto do
Apalpador (con ilustracións de Leandro Lamas)
·
O blogue do Apalpador , onde van recollendo as súas
aparicións na prensa e máis cousas.
¡QuÉ bonito quedó el blog! Me encanta.
ResponderEliminar