BLOG DO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA DO CEIP ISAAC DÍAZ PARDO

xoves, 13 de decembro de 2012

O APALPADOR

O APALPADOR


O Apalpador é un personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles  agasallos aos nenos. Entra de noite nos seus cuartos cando están durmidos e apálpalles a barriguiña por ver se están mantidos e déixalles, ademais dos xoguetes, unha presa de castañas.
Ten un tronco común con outras tradicións europeas e do norte de España (Olentzero basco e Esteru astur-cántabro) e probablemente a mesma orixe, pero que desgrazadamente en Galicia estaba practicamente esquecido.
O rito da Noite do Apalpadoiro foi descrito por varios estudosos e a figura do personaxe refírese na zona da montaña lucense e, nomeadamente, no Courel.
No oriente ourensán existen referencias a este personaxe aínda que, nalgúns casos, con outros nomes e, noutros, con atribucións menos simpáticas como son as de espantar aos nenos.







  

··· O Apalpador na rede:
·                     apalpador.com , onde podedes atopar imprimíveis para colorear, modelos para que os nenos lle escriban a carta ao Apalpador, tarxetas para pór nos agasallos, etc.
·                     apalpador.net , onde podedes atopar a maneira de mercar O conto do Apalpador (con ilustracións de Leandro Lamas)
·                     O blogue do Apalpador , onde van recollendo as súas aparicións na prensa e máis cousas.



1 comentario: